Amosando publicacións coa etiqueta Mes da poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mes da poesía. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de abril de 2022

Mes da poesía

Durante marzo os nenos e nenas de cuarto curso estiveron traballando a poesía: versos, estrofas,

tipos de rimas... Este curso apaixonáronse cos acrósticos inspirados nas estacións do ano e nos seus

nomes, compuxeron poemas sobre as emocións, e, inspirados polo libro de Antonio García Teijeiro

“Poemar o mar”, que leron coma itinerario lector, atrevéronse a facer  as súas versións dun dos seus

poemas. Abaixo podedes ver algunhas mostras dos seus traballos.


domingo, 12 de abril de 2020

POEMAS HAIKUS

Imos escribir poemas dunha forma moi sinxela e breve: Os haikus.

Aínda que os haikus naceron en Xapón, hoxe en día escríbennos autores de todo o mundo. Na actualidade tratan temas de todo tipo, pero na súa orixe os haikus eran sobre a natureza e as estacións do ano.
Os haikus son poemas curtos, formados por solo tres versos (os versos teñen 5, 7 e 5 sílabas respectivamente).
Acompañade os vosos haikus de debuxos ou creacións plásticas como as da foto:


Trucos: falade de elementos da natureza, das estacións, de animais, plantas...; o primeiro verso pode rimar co terceiro ou non; o das sílabas é orientativo, como somos nenos non é necesario que sexan exactas (hai elementos poéticos coma a sinalefa que en cuarto aínda non sabemos), intentade transmitir sensacións, sentimentos...
Aquí abaixo tedes algúns exemplos que podedes seguir para escribir os vosos propios haikus.



luns, 23 de marzo de 2020

MES DA POESÍA

Como sabedes o mes de marzo é o Mes da Poesía, e o pasado 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía.
Antes desta corentena traballamos a poesía na clase, e mesmo escribistes algúns poemas, agora propóñovos escribir uns acrósticos, veredes que é moi doado.

Un acróstico esconde unha palabra que se forma a partir da primeira letra de cada verso.

Aquí vos deixo algúns exemplos de acrósticos, e vos propoño que escribades os vosos acrósticos a partir de palabras que vos gusten (por exemplo: ecoloxía, primavera, amor, amizade...)






domingo, 31 de marzo de 2019

MARZO: MES DA POESÍA

Durante o mes de marzo estivemos realizando diferentes actividades arredor da poesía.
Primeiro limos poemas en galego e castelán cunha selección de textos da biblioteca e fixemos varios recitados individuais e en grupo.
A partir de aquí empezamos a traballar a poesía de tradición oral con romances do cancioneiro tradicional castelán e pequenas composicións do mundo da regueifa.
Xa bastante entrenados na musicalidade dos octosilabos empezamos a crear os nosos propios versos: buscamos palabras relacionadas coa primavera, formamos versos, intentamos a rima nos versos pares e por grupos fixemos as estrofas. Tamén  as ilustramos  para facelas máis visuais.
E como nos gustou moito o resultado decidimos cantalo a xeito de regueifa.