luns, 4 de decembro de 2017

domingo, 3 de decembro de 2017

DOCUMENTAL SOBRE OS CABALIÑOS DE MAR

O biólogo Miquel Planas do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) e do IIM (Instituto de Investigacións Mariñas) estivo no noso colexio presentando o seu documental: "Syngdoc: O descoñecido mundo dos signátidos". Despois de ver o interesantísimo documental puidemos charlar con el e preguntarlle todas as dúbidas e curiosidades. Unha mañá inesquecible!




xoves, 30 de novembro de 2017

OS CABALIÑOS DE MAR

Estes son os traballos que fixemos na clase de cuarto para preparar a visita do biólogo Miquel Planas do CSIC e ver o seu documental sobre os cabaliños de mar




VISITA DE ALAINA


Encantounos recibir a visita de Alaina, a nosa alegre auxiliar de conversa do curso pasado!!!

luns, 27 de novembro de 2017

POÑEMOS AS LENTES VIOLETA

No Día contra a violencia de xénero decidimos poñer as lentes violeta, con elas queremos ver o mundo desde unha perspectiva de igualdade e ser conscientes das múltiples discriminacións que sufren as mulleres día a día.


venres, 24 de novembro de 2017

A RAIA DOS MINERAIS

Unha das características dos minerais é a raia. Con este experimento aprendemos que cando riscas un mineral de dureza inferior a 7 contra unha placa de porcelana (neste caso un prato) a raia resultante presenta a cor auténtica do mineral.



mércores, 22 de novembro de 2017

ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS DO TRIMESTRE: ADRIÁN, CARLOTA, ELENA E LAURA

Adrián falounos do seu ídolo: Cristiano Ronaldo

Carlota contounos cousas do seu pintor favorito: 


Elena fixo a súa exposición con sorpresa incluida:


Laura contounos cousas do seu grupo favorito: Mamá Cabra

OUTRAS EXPOSICIÓNS ORAIS: JOEL, RUTH, MIGUEL E AITOR

Joel falounos dos cabalos:

Ruth falounos de Segovia e os seus monumentos:



Miguel investigou sobre o rinoceronte branco:



Aitor contounos moitas cousas sobre a Batalla de Rande:


martes, 21 de novembro de 2017

SEGUIMOS COAS EXPOSICIÓNS: LEYRE, RAÚL, YAIZA E ADA

Leyre falounos do seu instrumento favorito:




 Raúl e a súa pasión: os dinosaurios




Yaiza fíxonos partícipes do moito que lle gustou Peñíscola:


Polo Samaín Ada fixo unha exposición de personaxes de medo:


MÁIS EXPOSICIÓNS ORAIS: PEDRO, EMMA, RITA E SARAY PENA

Pedro falounos da súa pasión: a pesca.


Emma explicounos quen foi Nelson Mandela

Rita fixo a súa exposición sobre o autismo:

Saray contounos moitas cosas dos osos panda:

EXPOSICIÓNS ORAIS: CARLA, SARAY FONTENLA, DARÍO E NEREA

Carla fixo a súa exposición sobre as tartarugas mariñas:



Saray falounos do seu animal preferido: o gato.


E Darío elixiu o lobo:


Nerea explicounos moitas cousas da Ponte da Torre:



PRIMEIRAS EXPOSICIÓNS ORAIS: ISABEL, LÚA, LUCÍA E JULIA


Cada un elixiu o tema sobre o que quería facer a súa presentación.

Isa falounos do Titanic:

Lúa contounos cousas sobre o seu mineral favorito, a atacamina:

Lucía escolleu a Pablo Picasso:


Julia falounos de Pompeya e a erupción do Vesubio:


venres, 17 de novembro de 2017

A LENDA DA POZA DA MOURA

Á clase chegaron moitas lendas e historias de medo da nosa zona. A elixida para debuxar foi a lenda da Poza da Moura, aquí tedes o resultado:

mércores, 15 de novembro de 2017

VOLCÁNS NA CLASE DE CUARTO

Imitamos unha erupción volcánica aproveitando o gas que se produce ao reaccionar o vinagre e o bicarbonato:




martes, 14 de novembro de 2017

venres, 3 de novembro de 2017

SAMAÍN

Aquí tedes unha fotiño do día de Samaín. Se queredes ver máis cousas de ese día podedes ir ao blog da Biblioteca ou clicade aquí


martes, 17 de outubro de 2017

SOMOS CIENTÍFICOS

Este ano o noso proxecto chámase "experi-mentes" e está relacionado coa ciencia. Por iso na clase de plástica decidimos retratarnos coma científicos.

venres, 29 de setembro de 2017

ENSALADA DE TOMATES CHERRY

Durante o verán os tomates cherry seguiron saíndo no noso invernadoiro. Que mellor forma de comezar o curso que facendo unha ensalada con eles? Cortamos os tomates, engadimos queixo fresco e aguacate, un pouco de aceite de oliva, un toque de ourego... Delicioso!



sábado, 2 de setembro de 2017

MINERAIS DO MUNDO

Premendo na foto do mineral podedes ir a unha interesante guía de minerais, na parte superior dereita atoparedes un listado de todos os minerais do mundo e clicando neles saberes cousas interesantísimas sobre eles.
 clica na foto