Como sabedes o mes de marzo é o Mes da Poesía, e o pasado 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía.
Antes desta corentena traballamos a poesía na clase, e mesmo escribistes algúns poemas, agora propóñovos escribir uns
acrósticos, veredes que é moi doado.
Un acróstico esconde unha palabra que se forma a partir da primeira letra de cada verso.
Aquí vos deixo algúns exemplos de acrósticos, e vos propoño que escribades os vosos acrósticos a partir de palabras que vos gusten (por exemplo: ecoloxía, primavera, amor, amizade...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario