Primeiro limos poemas en galego e castelán cunha selección de textos da biblioteca e fixemos varios recitados individuais e en grupo.
A partir de aquí empezamos a traballar a poesía de tradición oral con romances do cancioneiro tradicional castelán e pequenas composicións do mundo da regueifa.
Xa bastante entrenados na musicalidade dos octosilabos empezamos a crear os nosos propios versos: buscamos palabras relacionadas coa primavera, formamos versos, intentamos a rima nos versos pares e por grupos fixemos as estrofas. Tamén as ilustramos para facelas máis visuais.
E como nos gustou moito o resultado decidimos cantalo a xeito de regueifa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario