luns, 18 de maio de 2020

MEDIDAS DE LONXITUDE

A unidade de medida principal para medir é o metro (m). Utilízase para medir a altura dunha árbore, a lonxitude dunha piscina, a altura dun edificio...
1. Pero hai unidades menores que o metro, que se utilizan para medir obxectos pequenos: a lonxitude dun libro, dunha goma de borrar...
As unidades menores que o metro son:
Decímetro (dm)
Centímetro (cm)
Milímetro (mm)
2. Pero hai unidades maiores que o metro, que se utilizan para medir obxectos ou distancias grandes: a distancia entre dúas cidades, a lonxitude dun río...
As unidades maiores que o metro son:
Kilómetro (km)
Hectómetro (hm)
Decámetro (dam)
A relación entre todas estas unidades vai  de dez en dez (multiplicando por 10 cada vez que baixamos un escalón e dividindo entre 10 cada vez que o subimos). 

Para poder entender ben esta escaleira imos ver uns vídeos:




Ningún comentario:

Publicar un comentario