Actividade opcional 1. Rutina individual con cordas.
Intentaredes practicar a rutina individual (corda corta) na casa.
Durante a semana intenta saltar á corda polo menos 5/10 minutos ao día e seguro que fas unha rutina perfecta. Podes intentar saltar de formas diferentes. Se non tedes corda, saltamos de maneira imaxinaria.
Actividade voluntaria 2: Reto de coordinación de pernas. Traballo de coordinación. Agora intentarás elixir 8 de calquera dos exercicios que podes ver nestes vídeos. O longo da semana podes ir cambiando os exercicios elixidos. Tes que facer polo menos 4 saltos de cada exercicio.
Actividade voluntaria 3: Mellorar a condición física. Exercicios para traballar a condición física.
Un xogo da oca ao que podedes xogar sos ou cos familiares que esteades estes días. Tamén aparecen as explicacións de cada exercicio.
Pinchade na foto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario