luns, 25 de maio de 2020

FACEMOS A NOSA PROPIA LIÑA DO TEMPO

Antes de aprender sobre as etapas da historia da humanidade imos facer cada un a nosa propia liña do tempo.
Trátase que debuxedes a vosa propia historia nunha liña temporal. Aquí tedes uns pasos orientativos de cómo facela:

  1. Delimita o tempo no que vai empezar e rematar: comezaría na data do voso nacemento e remataría neste caso co confinamento polo covid-19.
  2. Selecciona os feitos importantes da túa vida que vas poner na túa liña do tempo.
  3. Elixe a unidade de tempo que vas a usar na liña (penso que deben ser os anos, dende o ano 0 (no que nacestes) ata o ano 9 ou 10 (no que estamos).
  4. Debuxa a liña, na dereita o comezo e na esquerda o final (mellor colocar o papel horizontal).
  5. Coloca os números dos anos separados entre si, para que poidas escribir os acontecementos importantes da túa vida e incluso facer algún debuxo ou pegar algunha foto.

Hai moitas posiblidades de facer unha liña do tempo, aquí tedes algúns exemplos, pero podedes facela como queirades, deixade voar a vosa imaxinación!













Ningún comentario:

Publicar un comentario