domingo, 31 de maio de 2020
venres, 29 de maio de 2020
martes, 26 de maio de 2020
PRECIOSO TIME-LAPSE DE ADRIÁN S.
Adrián S. fixo un time lapse aproveitando os diarios de luz e metereoloxías que estamos facendo en fotografía en curso.
luns, 25 de maio de 2020
FACEMOS A NOSA PROPIA LIÑA DO TEMPO
Antes de aprender sobre as etapas da historia da humanidade imos facer cada un a nosa propia liña do tempo.
Trátase que debuxedes a vosa propia historia nunha liña temporal. Aquí tedes uns pasos orientativos de cómo facela:
- Delimita o tempo no que vai empezar e rematar: comezaría na data do voso nacemento e remataría neste caso co confinamento polo covid-19.
- Selecciona os feitos importantes da túa vida que vas poner na túa liña do tempo.
- Elixe a unidade de tempo que vas a usar na liña (penso que deben ser os anos, dende o ano 0 (no que nacestes) ata o ano 9 ou 10 (no que estamos).
- Debuxa a liña, na dereita o comezo e na esquerda o final (mellor colocar o papel horizontal).
- Coloca os números dos anos separados entre si, para que poidas escribir os acontecementos importantes da túa vida e incluso facer algún debuxo ou pegar algunha foto.
Hai moitas posiblidades de facer unha liña do tempo, aquí tedes algúns exemplos, pero podedes facela como queirades, deixade voar a vosa imaxinación!
domingo, 24 de maio de 2020
NOVO ECO-RETO DE VOZ NATURA
Aquí tedes un novo eco-reto de Voz Natura, animádevos a participar e mandade as fotos aos correos das aulas, despois xa llas mandamos nós á profe Ángela.
luns, 18 de maio de 2020
MEDIDAS DE LONXITUDE
A unidade de medida principal para medir é o metro (m). Utilízase para medir a altura dunha árbore, a lonxitude dunha piscina, a altura dun edificio...
1. Pero hai unidades menores que o metro, que se utilizan para medir obxectos pequenos: a lonxitude dun libro, dunha goma de borrar...
As unidades menores que o metro son:
Decímetro (dm)
Centímetro (cm)
Milímetro (mm)
Centímetro (cm)
Milímetro (mm)
2. Pero hai unidades maiores que o metro, que se utilizan para medir obxectos ou distancias grandes: a distancia entre dúas cidades, a lonxitude dun río...
As unidades maiores que o metro son:
Kilómetro (km)
Hectómetro (hm)
Decámetro (dam)
Hectómetro (hm)
Decámetro (dam)
A relación entre todas estas unidades vai de dez en dez (multiplicando por 10 cada vez que baixamos un escalón e dividindo entre 10 cada vez que o subimos).
Para poder entender ben esta escaleira imos ver uns vídeos:
A HISTORIA
Este é o vídeo que tedes que ver para poder responder ás preguntas que tedes colgadas na aula virtual:
PRACTICAMOS AS DIVISIÓNS DE DÚAS CIFRAS ON LINE
Aquí tedes uns recursos para practicar as divisións de dúas cifras, ollo tedes que facelas igual en papel e logo poñer o resultado para comprobar se as fixestes ben.
domingo, 17 de maio de 2020
ECO-RETO DE VOZ NATURA
Aquí tedes o ECO-RETO DE VOZ NATURA, animádevos a participar e mandade as fotos aos correos das aulas, despois xa llas mandamos nós á profe Ángela.
venres, 15 de maio de 2020
ENTREVISTAS
Gustáronnos moitísimo as entrevistas que enviastes, algunhas delas realmente preciosas, esperamos que vos serviran para coñecer mellor ás vosas mamás e papás.
Aínda que non pedimos que se gravaran, algúns atrevéronse a facelo, aquí os tedes:
luns, 11 de maio de 2020
RETO POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado ao escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero. Dende os equipos de biblioteca e dinamización propoñen que, aínda que non estamos no cole para poder celebralo, intentemos rendirlle unha pequena homenaxe.
Pinchando na foto iredes ao blog da Biblio, onde está o vídeo coas preguntas gravadas polos profes para que participedes no reto. Sabemos que sodes uns grandes investigadores, animádevos a responder!
domingo, 10 de maio de 2020
ENLACE AO BLOG DE INGLÉS
ENLACE AO BLOG DE RELIXIÓN
xoves, 7 de maio de 2020
HUMOR EN CUARTO:
Aquí tedes a colección de viñetas e tiras cómicas que fixestes, todas moi divertidas:
mércores, 6 de maio de 2020
NOTICIAS
Foron moitas e moi chulas as noticias que escribistes sobre o confinamento. Aquí imos colgar as de Noa e Aroa que nos chamaron a atención pola súa presentación e tamén os vídeos dos valentes que mellor ou peor atrevéronse a grabarse en vídeo.
martes, 5 de maio de 2020
luns, 4 de maio de 2020
domingo, 3 de maio de 2020
venres, 1 de maio de 2020
ALBERTO PROPONNOS MÁIS ACTIVIDADES FÍSICAS
Dende a área de educación física propóñovos que fagades algunhas das tarefas seguintes. Todas as actividades son unha guía para que ti poidas adaptalas ás circunstancias da túa vivenda e aos recursos dos que dispoñas e tamén o voso ritmo, ocupando o tempo que teñades.
Actividade opcional 1. Rutina individual con cordas.
Intentaredes practicar a rutina individual (corda corta) na casa.
Durante a semana intenta saltar á corda polo menos 5/10 minutos ao día e seguro que fas unha rutina perfecta. Podes intentar saltar de formas diferentes. Se non tedes corda, saltamos de maneira imaxinaria.
Actividade voluntaria 2: Reto de coordinación de pernas. Traballo de coordinación. Agora intentarás elixir 8 de calquera dos exercicios que podes ver nestes vídeos. O longo da semana podes ir cambiando os exercicios elixidos. Tes que facer polo menos 4 saltos de cada exercicio.
Actividade voluntaria 3: Mellorar a condición física. Exercicios para traballar a condición física.
Un xogo da oca ao que podedes xogar sos ou cos familiares que esteades estes días. Tamén aparecen as explicacións de cada exercicio.
Pinchade na foto:
Actividade opcional 1. Rutina individual con cordas.
Intentaredes practicar a rutina individual (corda corta) na casa.
Durante a semana intenta saltar á corda polo menos 5/10 minutos ao día e seguro que fas unha rutina perfecta. Podes intentar saltar de formas diferentes. Se non tedes corda, saltamos de maneira imaxinaria.
Actividade voluntaria 2: Reto de coordinación de pernas. Traballo de coordinación. Agora intentarás elixir 8 de calquera dos exercicios que podes ver nestes vídeos. O longo da semana podes ir cambiando os exercicios elixidos. Tes que facer polo menos 4 saltos de cada exercicio.
Actividade voluntaria 3: Mellorar a condición física. Exercicios para traballar a condición física.
Un xogo da oca ao que podedes xogar sos ou cos familiares que esteades estes días. Tamén aparecen as explicacións de cada exercicio.
Pinchade na foto:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)