luns, 23 de marzo de 2020

MES DA POESÍA

Como sabedes o mes de marzo é o Mes da Poesía, e o pasado 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía.
Antes desta corentena traballamos a poesía na clase, e mesmo escribistes algúns poemas, agora propóñovos escribir uns acrósticos, veredes que é moi doado.

Un acróstico esconde unha palabra que se forma a partir da primeira letra de cada verso.

Aquí vos deixo algúns exemplos de acrósticos, e vos propoño que escribades os vosos acrósticos a partir de palabras que vos gusten (por exemplo: ecoloxía, primavera, amor, amizade...)






PABLO: OS ANIMAIS VERTEBRADOS NOS CONTINENTES

domingo, 22 de marzo de 2020

APRENDEMOS EN CASA

RTVE lanza 'Aprendemos en casa' para estudiantes de 6 a 16 años. 
A partir de mañana lunes 23 de marzo comienza un nuevo espacio matinal en colaboración con el Ministerio de Educación.
Esta iniciativa pretende facilitar el aprendizaje durante el estado de alarma decretado por el gobierno para frenar la propagación del coronavirus.
  • Serán cinco horas diarias de formación todas las mañanas, de lunes a viernes, en Clan y La 2, con asignaturas como: Lógica y Matemáticas, Lengua e Idiomas, Ciencias Naturales y Sociales y Educación Física y Artística.
  • Atentos a los horarios:


AULAS GALEGAS

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.
Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. (Preme na imaxe)


CLAUDIA: ANIMAIS VERTEBRADOS DO MUNDO






domingo, 15 de marzo de 2020

COMO FACER UNHA PRESENTACIÓN EN GOOGLE DRIVE

Aquí abaixo deixovos un par de titoriais de como facer presentacións en Google Drive. Funciona de forma parecida a Power Point, pero xa se fai on line, sen necesidade de ter o programa instalado no ordenador, solo necesitades ter un correo de gmail, e pódese compartir directamente co correo das profes.



COMO FACER UN POWER POINT

Para realizar os nosos traballos de Ciencias podemos utilizar o programa Power Point para facer presentacións. Aquí tedes un titorial para aprender a utilizalo:



mércores, 11 de marzo de 2020

FALAMOS DO CORONAVIRUS COVID-19

Estes días andamos todos un pouco preocupados polo tema do coronavirus, así que estivemos falando e resolvendo dúbidas (xa sabemos que hai moitas noticias "fake" ou falsas).
Moi interesante o vídeo de como lavar as mans e o rap da tos e o cóbado.