Amosando publicacións coa etiqueta tecnoloxías. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tecnoloxías. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de marzo de 2020

COMO FACER UNHA PRESENTACIÓN EN GOOGLE DRIVE

Aquí abaixo deixovos un par de titoriais de como facer presentacións en Google Drive. Funciona de forma parecida a Power Point, pero xa se fai on line, sen necesidade de ter o programa instalado no ordenador, solo necesitades ter un correo de gmail, e pódese compartir directamente co correo das profes.



COMO FACER UN POWER POINT

Para realizar os nosos traballos de Ciencias podemos utilizar o programa Power Point para facer presentacións. Aquí tedes un titorial para aprender a utilizalo:



mércores, 19 de xuño de 2019

NO CORAZÓN DO BOSQUE


  Despois de ler, resumir e sobre todo gozar da marabillosa historia do corazón do bosque , elaboramos este taboleiro para os escornabots que nos permite seguir recordando. 

luns, 17 de xuño de 2019

AVANZAMOS NO SCRATCH

O alumnado de cuarto entrou en contacto coa linguaxe de programación coa chegada dos escornabots a biblioteca. Pero esta programación básica resultoulles moi sinxela a algúns deles, xa que teñen un alto interese por todo o relacionado coa informática. Buscando unha forma de programación máis avanzada encontrámonos con SCRATCH que é unha linguaxe de programación  visual sinxela e intuitiva coa que se manipulan audios , gráficos e secuencias de comandos como se fora un xogo de bloques de construcción. Despois de meses de ensaio - error esta é unha mostra do que están a facer.








martes, 6 de novembro de 2018

SCRATCH

Con todos estes tutoriais e todo o que temos visto na clase seremos capaces de programar grandes cousas con Scratch.