luns, 17 de xuño de 2019

AVANZAMOS NO SCRATCH

O alumnado de cuarto entrou en contacto coa linguaxe de programación coa chegada dos escornabots a biblioteca. Pero esta programación básica resultoulles moi sinxela a algúns deles, xa que teñen un alto interese por todo o relacionado coa informática. Buscando unha forma de programación máis avanzada encontrámonos con SCRATCH que é unha linguaxe de programación  visual sinxela e intuitiva coa que se manipulan audios , gráficos e secuencias de comandos como se fora un xogo de bloques de construcción. Despois de meses de ensaio - error esta é unha mostra do que están a facer.








Ningún comentario:

Publicar un comentario