venres, 17 de xuño de 2022

VISITA AO COMPOSTEIRO COMUNITARIO

O venres 17 de xuño realizamos unha saída para ver un composteiro comunitario. Acompañounos Antón, do programa revitaliza, e contamos coas explicacións de Yolanda, a mestra composteira do noso concello. Moitas grazas aos dous!

luns, 13 de xuño de 2022

OBRADOIRO CONTRA O ACOSO

Durante os días 7, 8 e 10 de xuño realizouse en cuarto curso un obradoiro sobre Convivencia e Acoso Escolar. O encargado de levalo adiante foi o Gabinete Psicolóxico Á Carón. Abaixo podedes ver fotos do traballo dos tres días. Sementamos cada día un mellor futuro para todos e todas.

xoves, 9 de xuño de 2022

PLENO INFANTIL DO CONCELLO

Representantes de 4º, 5º e 6º curso participan do Pleno Infantil do 9/06/2022 sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 3: Saúde e Benestar.  O resto dos compañeiros seguimos o pleno on line.

Clicando na primeira foto podedes ver o vídeo do Pleno na páxina de Facebook do Concello:



 

mércores, 1 de xuño de 2022

mércores, 18 de maio de 2022

UN ALMORZO PARA PENSAR

 "Un almorzo para pensar", así é como se titula  a pequena historia que os alumnos de valores de 4º gravaron para facernos reflexionar e que podedes ver no blog da biblioteca clicando na foto.



domingo, 15 de maio de 2022

LIMPAMOS A PRAIA DE MEIRA

 O pasado venres o alumnado de 3º e 4º de Seara foi limpar a praia de Arnau en Meira. Fixeron un traballo marabilloso e recolleron máis de 40 kilos de lixo. Despois tocou merendar á sombriña e xogar no parque de Sanmertolameu, O Faro de Vigo fíxose eco deste traballo, pinchade na foto para ver a noticia do Faro, debaixo tedes algunhas fotos dese día.


xoves, 12 de maio de 2022

VOLVEN OS BOOKTUBERS A SEARA

O alumnado de 4º gravou as súas recomendacións lectoras.  Se pinchades na foto de abaixo iredes ao blog da biblioteca e poderedes verlas. Non se lles dá nada mal facer de booktubers!

luns, 2 de maio de 2022

domingo, 1 de maio de 2022

martes, 19 de abril de 2022

DICÍMOSCHO NÓS

 Aquí podedes ver todos os programas (ata a data) do "Dicímoscho nós", a nosa versión do programa da TVG "Dígocho eu".

luns, 4 de abril de 2022

ENCONTRO CON TERESA GONZÁLEZ COSTA

Despois dos encontros virtuais do pasado ano a rapazada de cuarto curso está encantada de recuperar os encontros presenciais con autores. Nesta ocasión recibiron a visita de Teresa González Costa a autora de "Unha abella máxica no camiño". Poideron preguntarlle moitas cousas sobre o libro, e incluso suxerirlle que máis lles gustaría que pasara na historia. Ademais Teresa adicoulle os libros (tanto este como "A nena, o monstro e o mar", que leron o pasado curso), e marabillouse coas creacións plásticas que o seu libro lles suxeriu.



venres, 1 de abril de 2022

Mes da poesía

Durante marzo os nenos e nenas de cuarto curso estiveron traballando a poesía: versos, estrofas,

tipos de rimas... Este curso apaixonáronse cos acrósticos inspirados nas estacións do ano e nos seus

nomes, compuxeron poemas sobre as emocións, e, inspirados polo libro de Antonio García Teijeiro

“Poemar o mar”, que leron coma itinerario lector, atrevéronse a facer  as súas versións dun dos seus

poemas. Abaixo podedes ver algunhas mostras dos seus traballos.


mércores, 9 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER EN SEARA

 Este é o resultado final da instalación que fixemos no cole polo Día da Muller. Se pinchades na foto podedes ir ao Blog da Biblioteca e ver o vídeo do proceso de creación.



venres, 4 de marzo de 2022

ECO-RETO DE MARZO

Temos un novo eco-reto para o mes de marzo: coñecer as árbores do noso patio cunha ximcana que preparou a profe Ángela para todos. 
Na biblio tedes tamén o libro "A árbore da escola".


xoves, 24 de febreiro de 2022

OBRADOIRO SOBRE A RECICLAXE DE PILABOT

O alumnado de cuarto tivo a sorte de poder participar no obradoiro de Pilabot sobre a reciclaxe dos distintos tipos de pilas e acumuladores. Foi unha actividade moi interesante e tamén moi divertida. Seguimos aprendendo e traballando para coidar o noso planeta!




mércores, 23 de febreiro de 2022

O NOSO CARBALLIÑO

Este é o único carballo que medrou a partir das sementes que plantamos. Daniela encargarase de buscarlle un lugar no que poida medrar e desenvolverse ata ser moi, moi grande.

xoves, 17 de febreiro de 2022

luns, 14 de febreiro de 2022

DÍA MUNDIAL DA RADIO

 A través da canle do Día Mundial da Radio (https://es.unesco.org/commemorations/worldradioday) participamos na celebración deste día para concienciar a todos da importancia da radio. Este ano celébrase coa temática "Confianza no xornalismo radiofónico". A partir deste tema e, colaborando con Radio Espora e outros centros escolares galegos, gravamos unhas noticias falsas e uns consellos sobre como detectalas.

Coa elaboración de noticias falsas queremos concienciar da necesidade de que os xornalistas e os medios respecten as normas básicas dun xornalismo ético. Que se dean noticias certas e verificables, e que se faga polo ben de todos, cun fin de interese público, que esixa responsabilidades aos poderosos e que axude a sociedade a construir un futuro mellor para todos.

Aquí tedes o programa: O inicio é moi interesante, e tamén as aportacións dos outros coles (un pouquiño antes do minuto 11 empeza a nosa participación). 

sábado, 12 de febreiro de 2022

ATOPADO O ÚLTIMO RETO DE CIENCIA NA RADIO!

 

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Con motivo do 11 de febreiro, Día da Muller e a Nena na Ciencia e coa intención de levar a ciencia ás aulas, Faro da Escola invitounos a participar a través de Zoom das charlas das científicas do CSIC Cristina Álvarez (da Unidade de Tecnoloxía Mariña)  e Lara García (do Instituto de Investigacións Mariñas).  Ambas falaron sobre a súa traxectoria, explicaron en que consiste o seu traballo e compartiron fotos e vídeos moi interesantes sobre o mesmo. Ademais os rapaces tiveron ocasión de preguntarlles as súas dubidas e curiosidades.


luns, 31 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ EN SEARA

No Día da Paz falamos de que dende hai case dous anos levamos máscaras para non contaxiarnos da Covid, pero pensamos e reflexionamos sobre cousas das que si nos gustaría contaxiarnos. Este é o resultado final da actividade na nosa aula. Pero no blog da biblioteca podedes ver o que fixeron o resto dos cursos.

xoves, 27 de xaneiro de 2022

SOMOS COMA AS CORES DO ARCO DA VELLA E RESPECTÁMONOS!

Hoxe tivemos ocasión de aprender e reflexionar sobre diversidade coa axuda da Asociación Nós Mesmas. Aquí tedes algunhas fotos do proceso e do resultado final.


martes, 25 de xaneiro de 2022

FORMACIÓN CON RADIO ESPORA

Hoxe tivemos unha formación moi interesante sobre radio que correu a cargo de Denís, integrante de Radio Espora.

Despois dunha sesión explicativa na clase fomos por grupos a Radio Seara, a gravar os guións sobre os diferentes grupos de vertebrados que preparamos e, sobre todo, a aprender como se manexa a nosa radio.

Aquí tedes os podcats sobre os animais vertebrados que gravamos, e máis abaixo algunhas fotiños.


 














luns, 17 de xaneiro de 2022

luns, 10 de xaneiro de 2022

ECO-RETO DE DECEMBRO CONSEGUIDO

O eco-reto de decembro consistía en crear adornos de Nadal con elementos naturais ou reutilizados, e a rapazada de cuarto fíxoo xenial:  ECO-RETO SUPERADO!!

O máis espectacular foi a árbore de Nadal que montou a ANPA con bricks decorados por todos os nenos e nenas do colexio.