mércores, 29 de abril de 2020
luns, 27 de abril de 2020
A MEDIDA DO TEMPO
El tiempo además de en horas, minutos y segundos también se mide de otras formas, como son los días, semanas, meses, años...
Echadle un vistazo a estos vídeos:
Echadle un vistazo a estos vídeos:
sábado, 25 de abril de 2020
A IMPORTANCIA DE APRENDER A RELAXARSE
O profe Alberto tamén nos envía este documento para aprender a relaxarse. Pódese facer en familia, animarvos!
MÓVETE NA CASA
O profe Alberto pediunos que colgaramos este enlace no blog, para que non esquezades a importancia de facer exercicio, pinchade na foto.
venres, 24 de abril de 2020
xoves, 23 de abril de 2020
mércores, 22 de abril de 2020
martes, 21 de abril de 2020
ANIMAIS VIRTUAIS NAS NOSAS CASAS
Aquí tedes as fotos que nos enviastes cos vosos animais en 3D, as historias que os acompañaban gustáronnos moito.
luns, 20 de abril de 2020
O RELOXO DE AGULLAS
Imos repasar o reloxo de agullas: lembrade o que indican as agullas e como se divide unha hora.
Como se le o reloxo de agullas? Lembrades?
Lembramos tamén a relación entre o reloxo de agullas e o reloxo dixital:

Aquí tedes un vídeo explicativo, estaría ben que todos o volvésedes a ver, aínda que pensedes que xa dominades as horas:
E aquí podedes ir a algúns xogos para practicar as horas:
domingo, 19 de abril de 2020
ANIMAIS INVERTEBRADOS
Características dos animais invertebrados:
Vídeo resumen dos tipos de animais invertebrados:
Esquema:
Máis informacións e xogos (pinchando en cada unha das imaxes):
SEGUIMOS SENDO POETAS E POETISAS
Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2007, fainos a súa proposta para que continuedes sendo poetas e poetisas e escribades fermosos versos.
xoves, 16 de abril de 2020
PROPOSTA DA BIBLIOTECA DO COLE PARA O 23 DE ABRIL
Como sabedes o 23 de abril é o Día do Libro. E dende a biblioteca Searín invítanos a participar nunha actividade moi chula.
Searín propon que vos convertades en booktubers e gravedes un pequeno vídeo recomendando o voso libro favorito. Clicade na foto de Searín e veredes a explicación da proposta no blog da biblio. Animádevos a participar!

mércores, 15 de abril de 2020
martes, 14 de abril de 2020
CADERNO SUPERINTERESANTE
Pinchando na foto tedes un enlace a un caderno do Centro nacional de Información geográfica, con actividades moi entretidas relacionadas coa astronomía, a Terra, os mapas e a xeografía que se poden descargar e imprimir.
luns, 13 de abril de 2020
DICIR UN TRABALINGUAS
Se pinchades na imaxe de abaixo veredes e escoitaredes un trabalinguas.
Propóñovos que vos unades a esta proposta: atreverse a dicir un trabalinguas!
Non ten que ser tan longo como o da proposta, algún que saibades na casa, tamén podedes chamar aos avós por teléfono e preguntarlles, seguro que eles saben algúns.
Gravádevos recitando o voso trabalinguas e envialo ao correo cuarto.seara@gmail.com, así poderemos escoitalos todos no blog (presentarvos co voso nome antes de recitalo).

domingo, 12 de abril de 2020
POEMAS HAIKUS
Imos escribir poemas dunha forma moi sinxela e breve: Os haikus.
Aínda que os haikus naceron en Xapón, hoxe en día escríbennos autores de todo o mundo. Na actualidade tratan temas de todo tipo, pero na súa orixe os haikus eran sobre a natureza e as estacións do ano.
Os haikus son poemas curtos, formados por solo tres versos (os versos teñen 5, 7 e 5 sílabas respectivamente).
Acompañade os vosos haikus de debuxos ou creacións plásticas como as da foto:
Trucos: falade de elementos da natureza, das estacións, de animais, plantas...; o primeiro verso pode rimar co terceiro ou non; o das sílabas é orientativo, como somos nenos non é necesario que sexan exactas (hai elementos poéticos coma a sinalefa que en cuarto aínda non sabemos), intentade transmitir sensacións, sentimentos...
Aquí abaixo tedes algúns exemplos que podedes seguir para escribir os vosos propios haikus.

sábado, 11 de abril de 2020
NON PODO SAIR DA CASA!
Sabedes que nos pasou hoxe? Pois que non podemos saír da casa, mirade a razón:
Queredes vós tamén poñer un animal nas vosas casas? Na fotografía de abaixo tedes os pasos que tedes que seguir para facelo, incluso podedes facer unha foto con eles.
O primeiro que tedes que facer é pedirlle permiso aos vosos pais, se vos deixan e o móbil é compatible seguide os pasos da fotografía inferior e xa podedes ter o voso animal preferido ao lado.
Se vos animades a facelo mandade as fotos por correo para que todos as poidamos ver!

domingo, 5 de abril de 2020
sábado, 4 de abril de 2020
venres, 3 de abril de 2020
xoves, 2 de abril de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)