luns, 13 de abril de 2020

DICIR UN TRABALINGUAS

Se pinchades na imaxe de abaixo veredes e escoitaredes un trabalinguas.
Propóñovos que vos unades a esta proposta: atreverse a dicir un trabalinguas!
Non ten que ser tan longo como o da proposta, algún que saibades na casa, tamén podedes chamar aos avós por teléfono e preguntarlles, seguro que eles saben algúns.
Gravádevos recitando o voso trabalinguas e envialo ao correo cuarto.seara@gmail.com, así poderemos escoitalos todos no blog (presentarvos co voso nome antes de recitalo).


Ningún comentario:

Publicar un comentario