mércores, 26 de xuño de 2019
venres, 21 de xuño de 2019
CASTIÑEIRAS 2019
Coñecendo a Prehistoria do noso entorno, xogando, comendo e gozando da compañia dos amigos . Despedindo un curso máis en Castiñeiras.
mércores, 19 de xuño de 2019
NO CORAZÓN DO BOSQUE
Despois de ler, resumir e sobre todo gozar da marabillosa historia do corazón do bosque , elaboramos este taboleiro para os escornabots que nos permite seguir recordando.
martes, 18 de xuño de 2019
luns, 17 de xuño de 2019
AVANZAMOS NO SCRATCH
O alumnado de cuarto entrou en contacto coa linguaxe de programación coa chegada dos escornabots a biblioteca. Pero esta programación básica resultoulles moi sinxela a algúns deles, xa que teñen un alto interese por todo o relacionado coa informática. Buscando unha forma de programación máis avanzada encontrámonos con SCRATCH que é unha linguaxe de programación visual sinxela e intuitiva coa que se manipulan audios , gráficos e secuencias de comandos como se fora un xogo de bloques de construcción. Despois de meses de ensaio - error esta é unha mostra do que están a facer.
venres, 14 de xuño de 2019
xoves, 13 de xuño de 2019
luns, 10 de xuño de 2019
xoves, 6 de xuño de 2019
BUSCAMOS MONUMENTOS
O alumnado de Educación Infantil 5 anos e Cuarto de Primaria aproveitaron a tormenta "Miguel" para descifrar xeroglìficos que os levaron a procura de monumentos ocultos no edificio de primaria , logo completaron una ficha cos seus coñecementos e a axuda dos libros da biblioteca.
É TEMPO DE ENTROIDO
Coñecemos os Entroidos galegos coa axuda do libro " É TEMPO DE ENTROIDO" e dos escornabots.
PINTANDO A MÚSICA
Marabilloso obradoiro de arte realizado por Educación Infantil 5 anos e Cuarto de Primaria seguindo as ideas de Hervé Tullet no seu libro" Diviértete, Talleres con Arte" e a música proposta pola profe Luisa :" Marcha Turca" de Mozart, "O Fortuna - Carmina Burana" de Carl Orff, "Volare" de Federico Modugno, "Nana de Mercedes" da película El Laberinto del Fauno e a proposta do alumnado de 4º "Say my name" de David Guetta.
mércores, 5 de xuño de 2019
martes, 4 de xuño de 2019
A PRENSA NA ARTE
Dentro do proxecto "Comunicando " investigamos de que forma os medios de comunicación estaban presentes na arte ,encontramos xornais nos collages do cubismo
( movemento artístico caracterizado pola utilización das formas xeométricas , como os cubos , triángulos e rectángulos) e entre eles escollemos para traballar o cadro " Naturaleza muerta y guitarra " de Juan Gris (1887-1927)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)