domingo, 31 de marzo de 2019

MARZO: MES DA POESÍA

Durante o mes de marzo estivemos realizando diferentes actividades arredor da poesía.
Primeiro limos poemas en galego e castelán cunha selección de textos da biblioteca e fixemos varios recitados individuais e en grupo.
A partir de aquí empezamos a traballar a poesía de tradición oral con romances do cancioneiro tradicional castelán e pequenas composicións do mundo da regueifa.
Xa bastante entrenados na musicalidade dos octosilabos empezamos a crear os nosos propios versos: buscamos palabras relacionadas coa primavera, formamos versos, intentamos a rima nos versos pares e por grupos fixemos as estrofas. Tamén  as ilustramos  para facelas máis visuais.
E como nos gustou moito o resultado decidimos cantalo a xeito de regueifa.