Bo Nadal a tod@s!!!
martes, 24 de decembro de 2019
mércores, 11 de decembro de 2019
venres, 6 de decembro de 2019
MES DA CIENCIA EN CUARTO CURSO
Durante o mes da ciencia en cuarto investigamos sobre inventos que cambiaron o mundo e sobre mulleres científicas dos cinco continentes.
luns, 25 de novembro de 2019
venres, 15 de novembro de 2019
xoves, 14 de novembro de 2019
mércores, 13 de novembro de 2019
MAGOSTO
martes, 5 de novembro de 2019
APRENDEMOS AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
Aquí tedes algúns mapas interactivos para practicar as Comunidades Autónomas, so tedes que premer na imaxe.
sábado, 2 de novembro de 2019
venres, 25 de outubro de 2019
APRENDENDO SOBRE MINERAIS
Esta semana tivemos a sorte de contar dous días cun experto en minerais: Moisés Núñez.
Mostrounos moitísimos minerais atopados en Moaña e o Morrazo e con el descubrimos e aprendemos moitísimas cousas sobre as rochas e os minerais. Ademais fixémoslle unha entrevista en Radio Seara.
Mostrounos moitísimos minerais atopados en Moaña e o Morrazo e con el descubrimos e aprendemos moitísimas cousas sobre as rochas e os minerais. Ademais fixémoslle unha entrevista en Radio Seara.
xoves, 17 de outubro de 2019
MALIBÚ VISITA O NOSO COLE
Onte recibimos a visita de Malibú, a cadeliña da Casa Grande de Xanceda, que recorre toda Galiza para concienciar contra o abandono dos animais e fomentar a adopción de animais abandoados.
luns, 14 de outubro de 2019
COÑECENDO MOZAMBIQUE
O alumnado de cuarto e quinto do colexio recibiu a visita do economista mozambicano Onofre Muianga, quen pasou uns días en Moaña observando como se leva a cabo a xestión económica do noso concello.
Esta visita culminou o traballo de investigación que fixo o alumnado de cuarto. Onofre fixo unha presentación moi interesante sobre o seu país, Mozambique, e contestou as moitas preguntas que os nenos lle fixeron.
Os traballos:
Esta visita culminou o traballo de investigación que fixo o alumnado de cuarto. Onofre fixo unha presentación moi interesante sobre o seu país, Mozambique, e contestou as moitas preguntas que os nenos lle fixeron.
A visita:
Os traballos:
martes, 8 de outubro de 2019
A FAMILIA DE DALÍA VISÍTANOS POLO DÍA DAS PERSOAS XORDAS
Co motivo do Día das Persoas Xordas os pais de Dalía viñeron a representar un conto e a contarnos como é o seu día a día. Foi realmente interesante!
Aquí podedes ver o conto:Aquí tedes ós protagonistas e un pequeno resume fotográfico:
Despois aprendemos como se deletrea o noso nome en lingua de signos e cal é o símbolo que Dalía e a suá familia usan para recoñecer a cada un dos compañeios.
sábado, 28 de setembro de 2019
venres, 27 de setembro de 2019
xoves, 26 de setembro de 2019
mércores, 25 de setembro de 2019
martes, 24 de setembro de 2019
venres, 20 de setembro de 2019
RODRIGO CONDE: UN MOAÑÉS NOS XOGOS OLÍMPICOS DE TOKIO 2020
O xoves 19 de setembro recibimos a visita de Rodrigo Conde, un deportista de Moaña que practica remo. Leva anos acadando grandes éxitos deportivos: foi Campión de España en varias ocasións e tamén campión internacional, con varias medallas en Campionatos do Mundo.
Agora acaba de clasificarse para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
Os días previos o alumnado preparou a visita de Rodrigo, investigando sobre as Olimpiadas e os deportistas olímpicos do Morrazo.
A noticia saiu no Faro de Vigo (preme na foto para vela)
E cando Rodrigo chegou a Sevilla mandounos unha foto co seu compañeiro e as medallas que lles regalamos:
Agora acaba de clasificarse para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
Os días previos o alumnado preparou a visita de Rodrigo, investigando sobre as Olimpiadas e os deportistas olímpicos do Morrazo.
E chegou o gran día:
A noticia saiu no Faro de Vigo (preme na foto para vela)
Os nosos debuxos:
E cando Rodrigo chegou a Sevilla mandounos unha foto co seu compañeiro e as medallas que lles regalamos:
venres, 13 de setembro de 2019
mércores, 11 de setembro de 2019
martes, 10 de setembro de 2019
EMPEZAMOS O CURSO 2019-2020
Un novo grupo de alumn@s chega a cuarto de primaria.
O primeiro día facemos xogos para coñecernos mellor e coñecer aos novos compañeir@s.
O proxecto deste curso chámase "Un mundo de xente" polo que aprenderemos moitas cousas sobre distintos países, as súas culturas e os seus costumes.
O primeiro día facemos xogos para coñecernos mellor e coñecer aos novos compañeir@s.
O proxecto deste curso chámase "Un mundo de xente" polo que aprenderemos moitas cousas sobre distintos países, as súas culturas e os seus costumes.
mércores, 26 de xuño de 2019
venres, 21 de xuño de 2019
CASTIÑEIRAS 2019
Coñecendo a Prehistoria do noso entorno, xogando, comendo e gozando da compañia dos amigos . Despedindo un curso máis en Castiñeiras.
mércores, 19 de xuño de 2019
NO CORAZÓN DO BOSQUE
Despois de ler, resumir e sobre todo gozar da marabillosa historia do corazón do bosque , elaboramos este taboleiro para os escornabots que nos permite seguir recordando.
martes, 18 de xuño de 2019
luns, 17 de xuño de 2019
AVANZAMOS NO SCRATCH
O alumnado de cuarto entrou en contacto coa linguaxe de programación coa chegada dos escornabots a biblioteca. Pero esta programación básica resultoulles moi sinxela a algúns deles, xa que teñen un alto interese por todo o relacionado coa informática. Buscando unha forma de programación máis avanzada encontrámonos con SCRATCH que é unha linguaxe de programación visual sinxela e intuitiva coa que se manipulan audios , gráficos e secuencias de comandos como se fora un xogo de bloques de construcción. Despois de meses de ensaio - error esta é unha mostra do que están a facer.
venres, 14 de xuño de 2019
xoves, 13 de xuño de 2019
luns, 10 de xuño de 2019
xoves, 6 de xuño de 2019
BUSCAMOS MONUMENTOS
O alumnado de Educación Infantil 5 anos e Cuarto de Primaria aproveitaron a tormenta "Miguel" para descifrar xeroglìficos que os levaron a procura de monumentos ocultos no edificio de primaria , logo completaron una ficha cos seus coñecementos e a axuda dos libros da biblioteca.
É TEMPO DE ENTROIDO
Coñecemos os Entroidos galegos coa axuda do libro " É TEMPO DE ENTROIDO" e dos escornabots.
PINTANDO A MÚSICA
Marabilloso obradoiro de arte realizado por Educación Infantil 5 anos e Cuarto de Primaria seguindo as ideas de Hervé Tullet no seu libro" Diviértete, Talleres con Arte" e a música proposta pola profe Luisa :" Marcha Turca" de Mozart, "O Fortuna - Carmina Burana" de Carl Orff, "Volare" de Federico Modugno, "Nana de Mercedes" da película El Laberinto del Fauno e a proposta do alumnado de 4º "Say my name" de David Guetta.
mércores, 5 de xuño de 2019
martes, 4 de xuño de 2019
A PRENSA NA ARTE
Dentro do proxecto "Comunicando " investigamos de que forma os medios de comunicación estaban presentes na arte ,encontramos xornais nos collages do cubismo
( movemento artístico caracterizado pola utilización das formas xeométricas , como os cubos , triángulos e rectángulos) e entre eles escollemos para traballar o cadro " Naturaleza muerta y guitarra " de Juan Gris (1887-1927)
martes, 28 de maio de 2019
luns, 27 de maio de 2019
Luz Beloso e Iria Collazo
Despois de realizar ese marabilloso mural no edificio de Educación Infantil, faláronnos da creación literaria e plástica do libro "A casa do paralelo 54".
xoves, 23 de maio de 2019
mércores, 15 de maio de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)