O venres 17 de xuño realizamos unha saída para ver un composteiro comunitario. Acompañounos Antón, do programa revitaliza, e contamos coas explicacións de Yolanda, a mestra composteira do noso concello. Moitas grazas aos dous!
venres, 17 de xuño de 2022
VISITA AO COMPOSTEIRO COMUNITARIO
Etiquetas:
ciencias naturais,
coidado do planeta,
colaboración concello,
colaboracións,
Compost,
curso 2021-2022,
ecoloxía,
Reciclar,
Valores,
Voz Natura
luns, 13 de xuño de 2022
OBRADOIRO CONTRA O ACOSO
Durante os días 7, 8 e 10 de xuño realizouse en cuarto curso un obradoiro sobre Convivencia e Acoso Escolar. O encargado de levalo adiante foi o Gabinete Psicolóxico Á Carón. Abaixo podedes ver fotos do traballo dos tres días. Sementamos cada día un mellor futuro para todos e todas.
xoves, 9 de xuño de 2022
PLENO INFANTIL DO CONCELLO
Representantes de 4º, 5º e 6º curso participan do Pleno Infantil do 9/06/2022 sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 3: Saúde e Benestar. O resto dos compañeiros seguimos o pleno on line.
Clicando na primeira foto podedes ver o vídeo do Pleno na páxina de Facebook do Concello:
mércores, 1 de xuño de 2022
CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA
Marabilloso o concerto didáctico "Monstros por aquí, monstros por alá" realizado pola Escola de Música.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)