xoves, 24 de febreiro de 2022

OBRADOIRO SOBRE A RECICLAXE DE PILABOT

O alumnado de cuarto tivo a sorte de poder participar no obradoiro de Pilabot sobre a reciclaxe dos distintos tipos de pilas e acumuladores. Foi unha actividade moi interesante e tamén moi divertida. Seguimos aprendendo e traballando para coidar o noso planeta!




mércores, 23 de febreiro de 2022

O NOSO CARBALLIÑO

Este é o único carballo que medrou a partir das sementes que plantamos. Daniela encargarase de buscarlle un lugar no que poida medrar e desenvolverse ata ser moi, moi grande.

xoves, 17 de febreiro de 2022

luns, 14 de febreiro de 2022

DÍA MUNDIAL DA RADIO

 A través da canle do Día Mundial da Radio (https://es.unesco.org/commemorations/worldradioday) participamos na celebración deste día para concienciar a todos da importancia da radio. Este ano celébrase coa temática "Confianza no xornalismo radiofónico". A partir deste tema e, colaborando con Radio Espora e outros centros escolares galegos, gravamos unhas noticias falsas e uns consellos sobre como detectalas.

Coa elaboración de noticias falsas queremos concienciar da necesidade de que os xornalistas e os medios respecten as normas básicas dun xornalismo ético. Que se dean noticias certas e verificables, e que se faga polo ben de todos, cun fin de interese público, que esixa responsabilidades aos poderosos e que axude a sociedade a construir un futuro mellor para todos.

Aquí tedes o programa: O inicio é moi interesante, e tamén as aportacións dos outros coles (un pouquiño antes do minuto 11 empeza a nosa participación). 

sábado, 12 de febreiro de 2022

ATOPADO O ÚLTIMO RETO DE CIENCIA NA RADIO!

 

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Con motivo do 11 de febreiro, Día da Muller e a Nena na Ciencia e coa intención de levar a ciencia ás aulas, Faro da Escola invitounos a participar a través de Zoom das charlas das científicas do CSIC Cristina Álvarez (da Unidade de Tecnoloxía Mariña)  e Lara García (do Instituto de Investigacións Mariñas).  Ambas falaron sobre a súa traxectoria, explicaron en que consiste o seu traballo e compartiron fotos e vídeos moi interesantes sobre o mesmo. Ademais os rapaces tiveron ocasión de preguntarlles as súas dubidas e curiosidades.