Aquí tedes unha interesante explicación dunha volcanóloga do Instituto Geográfico Nacional :
QUE SABES DOS VOLCÁNS?
Esta é unha presentación interactiva feita tamén polo Instituto Geográfico Nacional (pincha na foto)
Dende a páxina do Instituto Geográfico Nacional é posible seguir a actividade volcánica de Cumbre Vieja dende o momento exacto no que comenzou a erupción. A través de vídeos, imaxes, espectrogramas y unha escena 3D da isla, compréndese mellor como é a evolución deste fenómeno natural y que alcance ten.
Neste mapa interactivo podedes ver os volcáns e os terremotos no mundo
Pinchando en GCiencia podedes ver as claves xeolóxicas do que pasa na illa da Palma
Esta páxina web creada pola Asociación de Volcanes de Canarias ten como principal obxectivo informar e mellorar a cultura sobre a actividade volcánica e outros riscos naturais que podan afectar a Canarias e outras rexións do noso país. Nel se recopilan noticias relacionadas coss volcáns, información sobre todos os que hai nas Illas Canarias e artigos con curiosidades volcánicas e consellos de seguridade.
Xogos xeográficos: volcáns do mundo
Unha peli en Netflix. Os que teñades Netflix podedes ver esta película documental na que o director Werner Herzog visita varios volcáns activos en todo o mundo para descubrir os segredos naturais e culturais que os caracterizan, relacionándose con científicos e indíxenas de cada zona e tratando de entender a conexión que existe entre os seres humanos e os volcáns.