venres, 25 de outubro de 2019

APRENDENDO SOBRE MINERAIS

Esta semana tivemos a sorte de contar dous días cun experto en minerais: Moisés Núñez.
Mostrounos moitísimos minerais atopados en Moaña e o Morrazo e con el descubrimos e aprendemos moitísimas cousas sobre as rochas e os minerais. Ademais fixémoslle unha entrevista en Radio Seara.



xoves, 17 de outubro de 2019

MALIBÚ VISITA O NOSO COLE

Onte recibimos a visita de Malibú, a cadeliña da Casa Grande de Xanceda, que recorre toda Galiza para concienciar contra o abandono dos animais  e fomentar a adopción de animais abandoados.


luns, 14 de outubro de 2019

COÑECENDO MOZAMBIQUE

O alumnado de cuarto e quinto do colexio recibiu a visita do economista mozambicano Onofre Muianga, quen pasou uns días en Moaña observando como se leva a cabo a xestión económica do noso concello.
Esta visita culminou o traballo de investigación que fixo o alumnado de cuarto. Onofre fixo unha presentación moi interesante sobre o seu país, Mozambique, e contestou as moitas preguntas que os nenos lle fixeron.

A visita:



Os traballos:





martes, 8 de outubro de 2019

A FAMILIA DE DALÍA VISÍTANOS POLO DÍA DAS PERSOAS XORDAS

Co motivo do Día das Persoas Xordas os pais de Dalía viñeron a representar un conto e a contarnos como é o seu día a día. Foi realmente interesante!
Aquí podedes ver o conto:



Aquí tedes ós protagonistas e un pequeno resume fotográfico:




Despois aprendemos como se deletrea o noso nome en lingua de signos e cal é o símbolo que Dalía e a suá familia usan para recoñecer a cada un dos compañeios.