luns, 31 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ EN SEARA

No Día da Paz falamos de que dende hai case dous anos levamos máscaras para non contaxiarnos da Covid, pero pensamos e reflexionamos sobre cousas das que si nos gustaría contaxiarnos. Este é o resultado final da actividade na nosa aula. Pero no blog da biblioteca podedes ver o que fixeron o resto dos cursos.

xoves, 27 de xaneiro de 2022

SOMOS COMA AS CORES DO ARCO DA VELLA E RESPECTÁMONOS!

Hoxe tivemos ocasión de aprender e reflexionar sobre diversidade coa axuda da Asociación Nós Mesmas. Aquí tedes algunhas fotos do proceso e do resultado final.


martes, 25 de xaneiro de 2022

FORMACIÓN CON RADIO ESPORA

Hoxe tivemos unha formación moi interesante sobre radio que correu a cargo de Denís, integrante de Radio Espora.

Despois dunha sesión explicativa na clase fomos por grupos a Radio Seara, a gravar os guións sobre os diferentes grupos de vertebrados que preparamos e, sobre todo, a aprender como se manexa a nosa radio.

Aquí tedes os podcats sobre os animais vertebrados que gravamos, e máis abaixo algunhas fotiños.


 














luns, 24 de xaneiro de 2022

AS OPERACIÓNS COMBINADAS

Aquí tedes un video explicativo de como se fan as operacións combinadas.

              

luns, 17 de xaneiro de 2022

ANUNCIOS RADIOFÓNICOS

Os rapaces de 4º curso crean anuncios radiofónicos publicitando produtos inventados por eles.

luns, 10 de xaneiro de 2022

ECO-RETO DE DECEMBRO CONSEGUIDO

O eco-reto de decembro consistía en crear adornos de Nadal con elementos naturais ou reutilizados, e a rapazada de cuarto fíxoo xenial:  ECO-RETO SUPERADO!!

O máis espectacular foi a árbore de Nadal que montou a ANPA con bricks decorados por todos os nenos e nenas do colexio.